O Proxecto
AZIMUT pon o foco no paso do tempo en diferentes espazos galegos de valor patrimonial, testemuños da historia, e que por diferentes avatares están actualmente en desuso ou estado de abandono.
AZIMUT fusiona ese pasado co presente e a vangarda: artistas galegos de diferentes disciplinas interveñen nos espazos, nun exercicio artÃstico efémero.
O proxecto funciona como un escaparate cultural, deixando ver a Galicia máis plural e diversa: tradicional e ao tempo moderna, combinando o patrimonio e o territorio, coa expresión e as artes de produción galega.
AZIMUT plásmase coa creación de cápsulas dixitais, rodadas nas localizacións seleccionadas namentres se desenvolven as intervencións. Unha combinación de live show e performance. Un poema visual que permanece xa para sempre.